Detección de caras
Pode usar a detección de caras para enfocar unha cara descentrada. A cámara detecta
de xeito automático ata cinco caras, indicadas con marcos brancos. Un marco de core
amosa que cara se vai enfocar. O enfoque axústase á cara que está máis preto da
cámara. Tamén pode pulsar un dos marcos para seleccionar que cara desexa enfocar.
Para activar a detección de caras
1
Active a cámara.
2
Pulse e seleccione .
3
Pulse e logo .
4
Pulse
Modo de enfoque > Detección de caras.
Para tirar unha foto usando a detección de caras
1
Coa cámara aberta e a
Detección de caras activada, apunte a cámara cara ao
seu obxectivo. Poden detectarse e enmarcarse ata cinco caras.
2
Prema parcialmente a tecla da cámara. Un marco de cor amosa a cara enfocada.
3
Para tirar a foto, prema totalmente a tecla da cámara.