Facer chamadas
Para facer unha chamada, pode marcar manualmente un número de teléfono, pulsar un
número gardado na lista de contactos ou pulsar o número de teléfono no rexistro de
chamadas. Tamén pode usar a función de marcación intelixente para localizar de forma
rápida números da lista de contactos e do rexistro de chamadas introducindo parte do
número ou nome do contacto e seleccionándoo das suxestións que aparecen. Para
facer unha videochamada, pode usar a aplicación de mensaxería instantánea e conversa
de vídeo Hangouts™ no seu dispositivo. Consulte
Mensaxería instantánea e conversa
de vídeo
na páxina 78 .
1
Ver máis opcións
2
Eliminar número
3
Teclado de marcación
4
Botón de chamada
Para abrir o teclado de marcación
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse .
3
Se o teclado de marcación non aparece, pulse .
Para marcar un número de teléfono
1
Abra o teclado de marcación.
2
Insira o número de teléfono e logo pulse .
Para eliminar un número inserido por erro, pulse
.
Para facer unha chamada coa función de marcación intelixente
1
Abra o teclado de marcación.
2
Introduza as letras ou os números que correspondan co contacto ao que desexa
chamar. Mentres introduce as letras ou os números, aparece unha lista de
posibles coincidencias.
3
Pulse o contacto ao que quere chamar.
Para facer unha chamada internacional
1
Abra o teclado de marcación.
2
Toque e manteña a tecla 0 ata que apareza un signo “+”.
3
Introduza o código de país, o prefixo de área (sen incluír os ceros iniciais) e o
número de teléfono e pulse .
61
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para engadir un número de marcación directa á súa pantalla de inicio
1
Toque e manteña nunha área baleira da Pantalla de inicio ata que vibre o
dispositivo e apareza o menú de personalización.
2
No menú de personalización, pulse
Widgets e Aplicacións > Accesos directos.
3
Desprácese pola lista de aplicacións e seleccione
Marcación directa.
4
Seleccione o contacto e o número que quere empregar como número de
marcación directa.
Amosar ou ocultar o número de teléfono
Pode seleccionar que se amose ou oculte o seu número de teléfono nos dispositivos
dos destinatarios das súas chamadas.
Para amosar ou ocultar o seu número de teléfono
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Chamada > Axustes adicionais > ID do emisor
da chamada.